O Club de lectura Pantasmas de Papel do IES Fernando Esquío é o lugar onde queremos comentar, suxerir, alentar e compartir os libros que nos gustan....Animádevos e deixade os vosos comentarios "en cualquier lengua!"

3 de febrero de 2016

Xornadas Literarias 2016: La gente de July

descargaNadine Gordimer aborda nesta obra un tema fascinante: as relacións entre amo e escravo. E con inusual mestría.

Bam E Maureen, contrarios ao racismo e ao seu intolerable sistema de privilexios para uns poucos, sempre se comportaron correctamente con July, o criado negro. Pero estalan as revoltas: motíns, crimes e atentados fan perigar as súas vidas. Por iso teñen que aceptar o ofrecemento de july: refuxiarse na súa aldea natal ata que pase o perigo. Así, apartados do confort e benestar da civilización, os Smales deben adaptarse a unha vida totalmente nova e, o principal, a unha inesperada relación con July, o sumiso e eficiente criado que agora, no seu habitat actúa doutra maneira... Quen é o poderoso nesta situación? Que ancestrais estratos psicolóxicos e sociais fixeron irrupción nos protagonistas?

Ambientada en Sudáfrica e narrada co pulso inequívoco dunha excepcional novelista, A xente de July é unha obra de intensa acción baixo a cal subxace unha intelixente radiografía das circunstancias que orixinan e modelan a situación racista naquel país.

Lemos un fragmento
Recensión sobre a autora en Mujeres entretejiendo la paz
Entrevista á autora en El País "La decepción sudafricana"
Entrevista durante a entrega do Premio Nobel de Literatura (pódense activar os subtítulos)




Podedes visualizar o vídeo con subtítulos facendo a escolla na roda de configuración.


No hay comentarios: