Na colonia Seavia,
situada nun dos outeiros da cidade de Santa Clara, morren cada ano máis de
trinta mulleres, homes e nenos vítimas da violencia. Os seus habitantes están
todos xordos, mudos e cegos, porque saben que as palabras poden matar. Todos
agás o Chibo e os seus sicarios, que campan polo barrio como amos e señores de
todos os que alí malviven.
Rapaces como Efrén,
Marcelo e Alexandre, que acoden ás aulas do mestre Abimael, mozas como Daiara
que traballa de costureira nun pendello, mulleres como Maisa ou Dona Rosa,
saben que o perigo axexa naquelas calellas labirínticas.
Cando aparece Silencio,
un guedellán que só fala coas mans e coa faciana, ninguén sabe que a súa
presenza mudará a vida dun barrio sen soños nin esperanzas, onde ninguén cre
nos milagres e cuxos habitantes non miraban adiante e tampouco querían mirar
atrás.
No hay comentarios:
Publicar un comentario