O Club de lectura Pantasmas de Papel do IES Fernando Esquío é o lugar onde queremos comentar, suxerir, alentar e compartir os libros que nos gustan....Animádevos e deixade os vosos comentarios "en cualquier lengua!"

21 de noviembre de 2016

A fraternidade de Eihwaz


Óscar conocerá Orballo, a vila natal do seu pai. Chega para pasar unhas vacacións de verán. No pobo todos falan dun estraño incidente que, como non!, estaba relacionado coa próxima Illa de Xas. Apareceu un home afogado, un estranxeiro que levaba un tempo vivindo en Orballo que, sen relacionarse a penas cos do pobo, tomou o costume de visitar a Illa na que se di que "os diaños bailan nos claros do bosque e que a Santa Compaña percorre a illa durante as noites de lúa chea..."

Naquela aldea coñece a Cris que, sen querelo nin sabelo, atoparase involucrada nunha complicada aventura na que intervirá nada menos que unha patrulla da lexión Romana ao mando de Marco Plauto e unha organización de neonazis que quere volver implantar o Reich alemán.

Un estraño libro de aventuras que se pode ler de vez.
César Mallorquí, este prolífico autor merece a pena seguilo.

Primeiro capítulo

Plan Lector

No hay comentarios: