O Club de lectura Pantasmas de Papel do IES Fernando Esquío é o lugar onde queremos comentar, suxerir, alentar e compartir os libros que nos gustan....Animádevos e deixade os vosos comentarios "en cualquier lengua!"

10 de enero de 2017

O enigma de Embívicus

O protagonista desta historia, Cali, é un rapaz que vive en Embívicus, unha desas vilas que ten de todo e non posúe nada, na que só ten importancia o que xira arredor do seu embigo... Só que o embigo, neste caso, non ten unicamente senso figurado, tamén é real, trátase do misterioso furado que hai no centro da praza da vila. Qué agacha ese embigo, a qué misteriosos acontecementos dará pé, en qué aventuras se van ver envoltos Cali e mailos seus amigos de Embívicus, son cousas que os lectores desta divertida novela poderán descubrir. Malia todo imos dar uns adiantos breves: Cali, o noso heroe, hase namorar dunha rapaza antes de coñecela, tamén ha tentar, armado coa ousadía e a teimosía da mocidade, que os veciños das dúas vilas do relato --Embívicus e Figueiras--, rivais dende hai séculos, deixen de odiarse. 
Velaquí a historia de dúas cidades, un relato con personaxes e situacións de hoxe que ben pode ser de sempre ou non acontecer nunca.

Recensión do autor Xosé Antonio Perozo
Recensión do ilustrador Pepe Carreiro

No hay comentarios: