O Club de lectura Pantasmas de Papel do IES Fernando Esquío é o lugar onde queremos comentar, suxerir, alentar e compartir os libros que nos gustan....Animádevos e deixade os vosos comentarios "en cualquier lengua!"

30 de abril de 2018

Salón do Libro 2018



O pasado venres 13 estivemos disfrutando do Salón do Libro en Pontevedra, nesta ocasión o encontro contou con varios autores cos que fixemos unha "speed date", cada vinte minutos cambiabamos de curruncho para atopar a María Reimóndez, Ledicia Costa, Fran Alonso, Tamara Andrés e Anxo Fariña. E como agasallo Eva Mejuto, organizadora do evento, nos fixo un oco na súa apretada axenda e puidemos falar con ela de 22 segundos, unha das obras que limos en conxunto.
Despois de cantar "Nin fadas, nin princesas", tras compartir mesa e mantel no food truck mexicano e  moitos momentos inesquecibles con rapaces doutros centros non podemos dicir nada máis que
GRAZAS 
pola esperiencia e o bo rato que pasamos nun día chuvioso pero que dentro das instalacións do salón brillou pola imaxinación, alegría e ben facer dos organizadores e de todos os clubs de lectura que coincidimos.


Para ver a galería de fotos preme na imaxe.

Perdoade a tardanza en publicar o post... pero como sabedes estivemos de viaxe por Paris mon amour...

No hay comentarios: